Este proxecto LaTeX constitúe un modelo de referencia para as memorias de Traballo Fin de Grao do Grao en Enxeñaría Informática e do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
Antes de usar este modelo, por favor, revisa con atención as FAQ (Frequently Asked Questions).
-
Ficheiros de autoría, contribucións, licenza e atribución
AUTHORCONTRIBUTING.mdCOPYINGCREDITS -
Ficheiro de estilo:
estilo_tfg.sty -
Ficheiro principal:
memoria_tfg.tex -
Directorios:
anexos/Contén os capítulos con materiais adicionais.bibliografia/Contén a bibliografía e outros posibles índices (termos, glosario).contido/Contén os capítulos da memoria.imaxes/Contén as imaxes da memoria.portada/Contén a portada, resumo e palabras chave.
A versión PDF pódese xerar empregando a ferramenta latexmk, que asegura o correcto procesamento
de índices, bibliografía e referencias:
latexmk -xelatex memoria_tfg.tex
A ferramenta latexmk pódese empregar de xeito que monitorice o proxecto e recompile automaticamente
a memoria en caso de producirse cambios nos diferentes ficheiros que a conforman:
latexmk -xelatex -pvc memoria_tfg.tex
No momento no que a redacción da memoria do TFG se dea por finalizada, os ficheiros auxiliares xerados poden eliminarse doadamente con:
latexmk -xelatex -c
Non se recomenda a eliminación dos ficheiros auxiliares durante o proceso de redacción, xa que a súa presenza contribúe a axilizar o proceso de compilación e xeración do PDF en construción.